CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta visita a exposición do XX aniversario do xornal 'La Opinión A Coruña'

Publicado o 16/09/2021 21:27
O presidente da Xunta visita a exposición do XX aniversario do xornal 'La Opinión A Coruña'

O xornal La Opinión A Coruña celebra estes días o seu vixésimo aniversario, atrasado pola pandemia. Con este motivo, inaugurouse unha exposición que recolle os vinte anos de vida do xornal coruñés, a través da principais portadas do diario durante os últimos dous decenios. Un repaso pola crónica en imaxes do século XXI da man dos profesionais do xornal.

O presidente da Xunta participou esta tarde nos actos do aniversario.

Noticias web

16/09/2021