CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O presidente da Xunta responde ás preguntas da oposición sobre a folga na Xustiza, o paro e a sanidade no Parlamento

Publicado o 07/02/2018 14:39

Dentro duns minutos volvemos conectar con nosos equipos de directo e repasamos punto a punto como espertou Galicia e a situación que deixa a neve arestora na nosa comunidade. Imos antes á Cámara galega, onde o presidente da Xunta acaba de someterse ás preguntas da oposición sobre a folga na Xustiza, o paro e a sanidade.

Pois algún dato, como o que deu o presidente da Xunta ao BNG, que o acusaba de aplicar recortes en Sanidade. Asegura Núñez Feijóo que nos últimos 10 anos aumentou o presuposto en 250 millóns de euros.