CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta recibiu a segunda dose da vacina contra a covid

Publicado o 20/07/2021 20:18
O presidente da Xunta recibiu a segunda dose da vacina contra a covid

O presidente da Xunta recibiu hoxe a segunda dose da vacina contra a covid, segundo informou esta tarde a través das redes sociais. Alberto Núñez Feijóo di que está contento por ter xa o pasaporte covid e que xa queda menos para que o teñan todos os galegos. Tamén dá as grazas a todo o persoal do operativo de vacinación que o domingo, lembra, vai recibir a Medalla de Galicia. Toda Galicia, remata, "está orgullosa de vós".

Noticias web

20/07/2021