O presidente da Xunta pide reforzar os controis policiais as próximas fins de semana
O presidente da Xunta di que lles preocupan os períodos do 24 ao 27 e do 31 ao 3, por enganchar os festivos coa fin de semana.
Alberto Núñez Feijóo vai reunirse mañá coa Delegación do Goberno e as policías locais para pedirlles que reforcen eses días os controis nos lugares máis concorridos, como zonas comerciais e terrazas.
"Imos pedirlle colaboración, inspeccion ocular e presenza nas rúas durantes eses oito días (do 24 ao 27 e do 31 ao 3) de forma especial como autoridade delegada nun estado de alarma", dixo Alberto Núñez Feijóo, que explicou que na reunión co comité de seguridade de mañá solicitará que policías e Garda Civil reforcen os controis nas fins de semana, especialmente nas zonas de comercios e restauración entre as seis da tarde e as dez da noite.
Eses días, insiste, son clave para o que poida pasar en xaneiro.
"Imos xogar cousas en infeccións, en saúde, en vidas e na intensidade dunha terceira onda que poida vir en xaneiro", advirte o presidente da Xunta.