CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta non ve vontade de formar goberno en España

Publicado o 13/07/2019 15:23

O presidente da Xunta non ve que Pedro Sánchez estea procurando darlle un goberno estable a España senón unicamente ser o presidente. "Se un quere formar goberno e non ten maioría, ten que ofrecer ou unha coalición de goberno ou un programa de lexislatura a aqueles que sumados consigan unha maioría e polo que se ve, o ofrecemento é vostde me ten que votar porque o digo eu e nada máis. Iso non é formar un goberno. Dame a sensación de que é desgastar a oposición desde un goberno en funcións".

Núñez Feijóo cre que os socialistas están traballando simultaneamente con dúas opcións: "Elaborar un relato para conseguir un goberno cos mesmos da moción de censura, é dicir, con Podemos e o independentismo catalán e o independentismo vasco; e a segunda opción é botarlle a culpa á oposición e ter unha xustificación para convocar eleccións anticipadas".

O xefe do executivo galego quéixase de que a falta de goberno está xerando inestabilidade: "Levamos unha época de enorme inestabilidade. As comunidades autónomas empezamos a ter gravísimos problemas de tesourería. Non estamos recibindo o diñeiro que nos corresponde".

Alberto Núñez Feijóo fixo estas declaracións en Barcelona onde asistiu á cea de gala anual da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019