CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta inagura en Ferrol o Equiocio, un referente da hípica en Galicia

Publicado o 06/08/2021 15:49

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quixo "felicitar e agradecer" aos organizadores de Equiocio "os trinta anos de traballo para sacar este evento adiante", do que detallou que esta competición supón "un sopro á esperanza, onde para iso é necesario seguir vacinando aos cidadáns, onde probablemente a máscara, a hixiene e a distancia van seguir sendo moito tempo normas de conduta nas relacións".

Estas manifestacións realizounas Feijóo no mediodía deste venres durante a inauguración oficial do certame Equiocio que durante estes días, e ata o domingo, se celebra no campo das Cabazas, na parroquia ferrolá de Covas, nas proximidades do mar, onde se combinan competicións de saltos ecuestres con lecer familiar, todo iso desenvolvido nunha extensión de máis de 25.000 metros cadrados e cun estrito protocolo sanitario, que limita a mil persoas a ocupación máxima do recinto en todo momento.

O presidente do Goberno galego salientou que en Galicia hai "5.000 licenzas vinculadas á hípica, que sen probas como Equiocio serían moitas menos", e en referencia ao récord de participación da proba ferrolá neste ano detallou que "é grazas á gran organización, todo iso en plena pandemia e aínda con limitacións e dificultades para a mobilidade".

Noticias web

06/08/2021