CRTVG

Buscar

Feijóo comprete o equilibio entre a minería e a protección ambiental

Publicado o 14/02/2020 15:58

Di Alberto Núñez Feijóo que Irosa é un exemplo das dimensións da empresa familiar galega. Factura 22 millóns de euros ao ano, emprega máis de 300 persoas e vende máis do 80% do que produce a outros países. O sector da lousa representa o 26% dos PIB da comarca de Valdeorras. O presidente cre que sería un erro non protexelo.

 "Tratar un sector en función dos erros de épocas anteriores non ten sentido; hai que tratalo con proporcionalidade, lexislación e con sensibilidade para buscar o equilibrio entre o medio ambiente e os empregos. Ese é o noso compromiso", defendeu.

Se desaparece a lousa, dixo Feijóo, Valdeorras entraría nunha crise económica irreversible.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020