CRTVG

Buscar

Feijóo solicita por carta que o Goberno lle pague a Galicia os 700 millóns que lle debe

Publicado o 11/09/2019 17:28

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou este mércores de que o seu Executivo elaborou unha proposta de real decreto lei para desbloquear os 700 millóns de euros que o Estado debe a Galicia e esta proposta remitiraa ao Goberno.

Durante a sesión de control no Parlamento galego, Núñez Feijóo avanzou que lle remitirá unha carta ao presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, en que lle solicitará que "reconsidere o bloqueo desatinado" co que, dixo, castigou servizos tales como a sanidade e a educación, xestionados polas comunidades autónomas.

Esta misiva, ademais, irá acompañada polo informe que os servizos xurídicos do Executivo galego elaboraron e no que defenden que o Goberno está obrigado a entregar as devanditas cantidades aínda estando en funcións.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí