CRTVG

Buscar

O presidente da Xunta anima en Ribeira a mercar produtos do mar

Publicado o 12/05/2020 21:03

Os que non poden nin puideron traballar dende a casa durante o peor da pandemia para que nós tivésemos alimentos de calidade son os traballadores do mar.

Esta tarde o presidente da Xunta visitou a lonxa de Ribeira, que é a máis importante da pesca de baixura de España. Alberto Núñez Feijóo destacou o esforzo que está facendo o sector para manter a oferta e o mesmo nivel de actividade ao tempo que cumpren coas medidas sanitarias.

O presidente anima os consumidores a mercar produtos do mar para agradecer o traballo dos nosos mariñeiros e impulsar os prezos.

Noticias web

12/05/2020