CRTVG

Buscar

O presidente da Generalitat visita nos cárceres de Madrid os políticos cataláns presos

Publicado o 09/02/2019 13:02

A tres días do inicio no Tribunal Supremo do xuízo do "procés", o presidente catalán, Quim Torra, visitou durante unha hora e vinte minutos a ex-presidenta do Parlament, Carme Forcadell, e a ex-conselleira Dolors Bassa no centro penitenciario de Alcalá Meco.

Posteriormente dirixiuse a Soto del Real, onde tamén trasladou o seu apoio e se reuniu co ex-vicepresidente catalán e líder de ERC, Oriol Junqueras, e cos ex-conselleiros Jordi Turull, Raúl Romeva, Joaquim Forn e Josep Rull. Neste mesmo centro tiña previsto encontrarse con Jordi Sánchez e Jordi Cuixart, ex-presidente da Asemblea Nacional Catalá e presidente de Òmnium Cultural, respectivamente.

Noticias web

09/02/2019