CRTVG

Buscar

O presidente da Federación Galega de Fútbol explica os cambios na Segunda B e Terceira para a próxima temporada

Publicado o 07/05/2020 21:34

• O 'playoff exprés' para resolver esta temporada está previsto para mediados de xullo

A próxima temporada veremos unha Segunda B diferente. Xa non poderemos falar do grupo galego porque os equipos galegos poden ir a calquera dos cinco grupos previstos de 20 equipos, repartidos cun criterio distinto ao xeográfico.

Louzán tamén apuntou a unha posible creación de sub-grupos, en previsión dunha temporada máis curta pola crise sanitaria.

Este criterio para misturar os grupos tamén se vai aplicar á Terceira División, porque tamén se vai dividir en dous grupos, xa que será unha Terceira Galega con 24 equipos.

Todo isto coa actual temporada por rematar. Hai catro equipos de Terceira pendentes de disputar o playoff exprés para o ascenso.

En tempo de tribulación o fútbol fai mudanza. Ou se cadra fai da crise unha oportunidade.

Noticias web

07/05/2020