CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O presidente da Arxentina, Mauricio Macri, anuncia unha importante baixada de impostos que afecta especialmente a clase media

Publicado o 19/02/2016 21:33

O presidente da Arxentina, Mauricio Macri, anunciou unha importante baixada de impostos que afecta especialmente a clase media. É unha medida coa que agarda paliar a forte inflación herdada do anterior goberno kirchnerista, e que se sitúa xa arredor do 30% anual.

Mauricio Macri cumpriu outra das súas promesas electorais ó subir o mínimo impoñible do coñecido como imposto ás ganancias dos 15.000 pesos actuais, uns mil euros, ata os 30.000. "Estamos anunciando hoxe a todos o aumento do mínimo imponible a 30.000 pesos, que é un aumento de máis do 160%", explicou o presidente.

Esta mellora salarial que afecta a 2.7 millóns de traballadores dos 16 millóns que ten o país será efectiva con carácter retroactivo dende xaneiro. A isto súmase o anuncio feito fai xa unha semana de aumentar nun 15% as pensións e as axudas´a receptores da asignación universal por fillo.

Macri agarda paliar así os efectos dunha inflación descontrolada que se sitúa entorno ao 30% anual e facer unha inxección de liquidez inmediata de entorno ao 20% no bolsillo dos arxentinos.

O presidente da Arxentina reiterou o seu compromiso de baixar a inflación canto antes nun acto no que tamén estiveron presentes os xefes sindicais máis importantes do país con quenes deberá renegociar as subas salariais deste 2016 e que con esta medida están un pouco máis preto de chegar a un acordo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

19/02/2016