O presidente da Arxentina anuncia un novo proxecto de lei para legalizar o aborto

O presidente da Arxentina, Alberto Fernández, anunciou que este martes enviará ao Congreso un proxecto de lei para legalizar a interrupción voluntaria do embarazo e outro polo que se creará un programa para fortalecer a atención integral da saúde na muller durante o embarazo.
Siempre fue mi compromiso que el Estado acompañe a todas las personas gestantes en sus proyectos de maternidad y cuide la vida y la salud de quienes deciden interrumpir su embarazo. El Estado no debe desentenderse de ninguna de estas realidades.#QueSeaLey pic.twitter.com/V7Lr6wBmuB
— Alberto Fernández (@alferdez) November 17, 2020
"A criminalización do aborto de nada serviu, só permitiu que os abortos ocorran clandestinamente en cifras preocupantes", expresou o mandatario nunha mensaxe en vídeo difundida a través da súa conta oficial de Twitter.
O aborto legal, seguro e gratuíto -na Arxentina só se permite abortar se o embarazo é froito dunha violación ou corre perigo a vida da nai- é un reclamo de vella data por parte dos colectivos feministas, e aínda que un proxecto chegou a ser aprobado en 2018 pola Cámara de Deputados, non logrou o visto e prace do Senado.