O Premio Trasalba, adiado ata o outono por mor da crise sanitaria
Publicado o 29/06/2020 15:32
A nova normalidade chegou tamén á Fundación Otero Pedrayo, que hoxe celebrou en Trasalba o primeiro acto desde a pandemia.
Entregaron os premios do certame de poesía Xamón, pan e viño, convocado durante o confinamento para exaltar os produtos da terra. En xuño debían entregar tamén o premio Trasalba, concedido este ano ao escultor Manuel Buciños, pero adiouse ata o outono por mor da crise sanitaria.