O Premio Nobel de Medicina vai para David Julius e Ardem Patapoutian polos receptores da temperatura e o tacto
Publicado o 04/10/2021 19:32

Entender como a calor, o frío ou a presión poden xerar impulsos nerviosos acaba de valerlles o Nobel de Medicina aos investigadores estadounidenses David Julius e Ardem Patapoutian e non, como apuntaban todas as quinielas, aos descubridores da vacina contra a COVID.
Isto foi posible grazas a que descubriron os receptores da temperatura e o tacto. Os seus achados permítennos comprender como o ser humano percibe o mundo de arredor e con esa información adaptarse. A súa investigación é un paso de xigante para os tratamentos contra a dor e moitas doenzas.