CRTVG

Buscar

Empeza o luns, ata o 22 de marzo, o prazo de admisión nos centros escolares para o curso que vén

Publicado o 28/02/2021 19:23
Empeza o luns, ata o 22 de marzo, o  prazo de admisión nos centros escolares para o curso que vén

O luns abre o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o curso vindeiro. Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo e tamén ao de infantil, primaria, secundaria ou bacharelato que desexe cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

En caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade, establecidas por sorteo, son "W" e "S" para o primeiro apelido e "B" e "F" para o segundo.

As solicitudes poden facerse de xeito telemático en https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado, ou de xeito presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción. O prazo remata o 22 de marzo.

Noticias web

28/02/2021