CRTVG

Buscar

O PPdeG traballa para fortalecer as súas candidaturas coa vista posta nas eleccións municipais

Publicado o 09/09/2021 14:42

O Partido Popular de Galicia aínda non ten datas fixadas para os congresos que elixirán os seus candidatos ás eleccións municipais. Pero o número dous do PPdeG di que xa traballan para fortalecer liderados, coa intención de gañar poder nas cidades.

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: "Aínda non temos datas, pero dende o punto de vista orgánico de partido, a nosa prioridade son as eleccións municipais e as Xerais. Cremos que temos grandes oportunidades en distintas cidades".

 

Noticias web

09/09/2021