CRTVG

Buscar

O PPdeG rexeita un pleno sobre Noa Madera e a CRTVG

Publicado o 19/06/2020 16:01

Ata despois das eleccións non se volverá reunir o Parlamento de Galicia. Así o decidiu a Deputación Permanente. Nela, os grupos da oposición solicitaban un pleno para falar de dous asuntos: as dificultades laborais da empresa Noa Madera e a situación da CRTVG, á que acusaron de manipulación informativa.

Segundo a oposición, o Goberno ten amordazado o Parlamento desque se convocaron eleccións. O Partido Popular lembrou que a Cámara está disolta e que estamos en período electoral.

 

Noticias web

19/06/2020