O PPdeG responsabiliza o Goberno do declive industrial da comarca das Pontes
Publicado o 06/10/2021 16:38
Detrás do elevado custo da luz tamén está o peche das centrais térmicas coma a das Pontes. É unha das empresas que máis está sufrindo coa Lei de Transición Enerxética. O peche da central destruirá 1.500 postos de traballo. Hoxe estivo alí o secretario xeral dos populares galegos. Miguel Tellado responsabilizou o Goberno e a súa política enerxética do declive industrial da comarca.
"Lamentar que o Goberno de Pedro Sánchez leve esta comarca a esta situación de incerteza, lamentar que esa política enerxética errática, dun falso ecoloxismo que se move por cuestións claramente ideolóxicas, estea provocando que o pago da factura da electricidade sexa practicamente inasumible", asegurou Miguel Tellado.