O PPdeG propón a María Dolores Fernández Galiño como Valedora do Pobo
Publicado o 24/07/2019 15:06

A maxistrada María Dolores Fernández Galiño é a proposta do PPdeG para o cargo de Valedora do Pobo, vacante dende onte, tras a renuncia de Milagros Otero.
Fernández Galiño, especializada en Dereito Civil, foi membro do Tribunal encargado de axuizar o accidente do Prestige. Os populares galegos rexistraron esta mañá a proposta na Cámara e solicitaron a convocatoria dun pleno extraordiario para debatela.
A designación ten que ser apoiada por unha maioría cualificada de tres quintas partes do pleno, polo que necesitan o acordo con polo menos un dos grupos da oposición.