CRTVG

Buscar

O PPdeG pídelle aos partidos de esquerda que solucionen os seus problemas internos porque "Galicia non o merece"

Publicado o 14/02/2020 21:05

Desde o Partido Popular din que a situación das formacións de esquerda nada ten que ver coa do PPdeG, que este sábado proclamará oficialmente a Feijóo como candidato. O secretario xeral dos populares pídelles aos partidos da esquerda que resolvan os seus problemas internos.
"Os galegos e as galegas non merecen este espectáculo político de semanas de sangría interna da esquerda rupturista cada día máis rota, máis enfrontada con intercambio de acusacións mutuas. A verdade é que Galicia non merece iso. Nós o que lles pedimos é que resolvan as súas leas canto antes", di Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020