O PPdeG pídelle ao Goberno que "mova ficha" para resolver a venda de Alcoa
Publicado o 26/04/2021 16:55
Semana clave para o futuro de Alcoa en San Cibrao. O venres remata o prazo para chegar a un acordo que permita a venda esta factoría e o mantemento de máis de 500 empregos.
Os traballadores din que levan tres meses coas mobilizacións suspendidas para promover o diálogo, pero que en todo ese tempo o Goberno central non deu ningún paso para facilitar a venda desta factoría. Hoxe recibían a visita de alcaldes da comarca e de dirixentes do Partido Popular, que lle reclamaban ao Goberno central que mova ficha con responsabilidade para garantir unha operación de venda desta factoría de Alcoa.