CRTVG

Buscar

O PPdeG pide que o Goberno regule os servizos financeiros para evitar o peche dos bancos no rural

Publicado o 03/09/2021 13:31

Cada día, anúnciase un novo peche dunha oficina bancaria no rural. Os concellos levántanse en contra desta medida, que supón unha perda de servizos para os veciños. A decisión é contraria á tendencia de volta á vida no rural motivada pola pandemia. O Partido Popular pide a unidade de todas as administracións para esixirlle ao Goberno central que regule os servizos mínimos financeiros. Levarán a súa iniciativa ao Parlamento.

"É un problema urxente e grave, para que quen poida tomar a decisión, que, repito, é o Goberno de España, lexisle a través do Banco de España para que impida que as entidades bancarias tomen estas decisións", manifestou Alfonso Villares, alcalde de Cervo e vicepresidente da Fegamp.

Noticias web

03/09/2021