CRTVG

Buscar

O PPdeG pide depurar responsabilidades polo baleirado dos encoros, que cualifica de "irresponsable"

Publicado o 09/09/2021 14:20

O PPdeG di que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e mais as eléctricas concesionarias deberán responder polo baleirado dos encoros. Nunha entrevista na Radio Galega, Miguel Tellado dixo que o baleirado agocha intereses especulativos e produce un dano ecolóxico irreversible.

Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG: "Depurar responsabilidades e sancionar no seu caso a Confederación Hidrográfica e as eléctricas que fixeron o baleirado dos encoros, que é irresponsable e pode ter un dano ecolóxico irreversible".

Noticias web

09/09/2021