CRTVG

Buscar

O PPdeG insta a Caballero a retirarlle a súa confianza ao alcalde de Cerceda

Publicado o 24/08/2019 22:37

O Partido Popular de Galicia insta a Gonzalo Caballero a que o PSdeG lle retire a súa confianza ao alcalde inhabilitado de Cerceda.

Miguel Tellado, que hoxe compartiu un acto con militantes en Burela, recorda que a sentenza inhabilita a García Liñares durante oito anos para exercer un cargo público por prevaricación administrativa. Considera que os socialistas galegos deben apartar o rexedor do seu cargo ou facerlle unha moción de censura, ante a súa negativa a deixar o bastón de mando.

Noticias web

24/08/2019