O PPdeG felicita as festas cun vídeo en que Feijóo reclama un Nadal "sen cores políticas"
Publicado o 21/12/2020 14:59
O Partido Popular de Galicia colgou nas redes sociais un vídeo de felicitación de Nadal. Saen políticos moi diversos.
Primeiro cun ton moi crispado, que despois deixa paso a unha secuencia de distintas persoas na vida cotiá. Nun televisor empezan a saír mensaxes de distintos políticos felicitando o Nadal.
Na montaxe todos eles acaban facendo un chamamento á unidade. O vídeo remata co expresidente Suárez dando as grazas. E cunha mensaxe de Alberto Núñez Feijóo.