CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O PPdeG e o PSdeG apoian o discurso do Rei. BNG e En Marea, néganse

Publicado o 06/10/2017 14:58
Rematou o terceiro día do Debate do Estado da Autonomía coa adhesión pública de populares e socialistas ao discurso do Rei. Non así do BNG e En Marea.

Estes dous grupos non quixeron sumarse a esa proposta porque entenden que o monarca non ten lexitimidade e que ofrece un discurso de parte. O PP e o PSOE non dubidaron en apoiar o Estado de Dereito e a actuación das forzas de seguridade.
O pleno rematou con 40 propostas de resolución aprobadas, as 40 dos populares, 5 delas negociadas coa oposición.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí