CRTVG

Buscar

O PPdeG dálles liberdade aos seus candidatos para pactar con calquera partido

Publicado o 05/06/2019 15:02

O Partido Popular de Galicia dálles liberdade a todos os seus candidatos para negociar pactos con outras formacións. Iso si, insiste en que preferirían un acordo entre todas as forzas para que goberne a lista máis votada.

Segundo apuntou Miguel Tellado, o secretario xeral do PPdeG, "se é posible un pacto entre forzas políticas, ese pacto pode vir da man de calquera partido en calquera concello. Non temos porque sair ao campo coa man atada ao lombo. As regras rexen para todo o mundo. Que sería o desexable? Chegar a un acordo político de forma que se respectase que goberna o que gaña".

 

Noticias web

05/06/2019