CRTVG

Buscar

O PPdeG cambia a súa imaxe nas redes para censurar as palabras do presidente da Deputación de Lugo sobre Elena Candia

Publicado o 12/04/2021 16:47

O PP galego cambiou o seu logotipo nas redes sociais, en apoio á presidenta do partido en Lugo, Elena Candia. Cun fondo de leopardo e a frase "Stop machismo PSOE" pretenden censurar as palabras do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, que aludiu á vestimenta de Candia, dicindo que tiña o aspecto dese felino, unhas palabras polas que despois se desculpou. A polémica política aínda continúa.

 

Noticias web

12/04/2021