CRTVG

Buscar

O PPdeG asegura que "dialogará co resto de forzas políticas" na Comisión de Reactivación

Publicado o 17/10/2020 17:29

Desde o PPdeG responden a Gonzalo Caballero asegurando que nesa comisión de reactivación económica e social do Parlamento galego "van dialogar" co resto de forzas políticas..."coma sempre fan", din.

O secretario xeral dos populares galegos, desde unha xuntanza coa directiva de Novas Xeracións, recriminoulle a Caballero que o Partido Socialista "non faga o mesmo" no Congreso dos Deputados. Miguel Tellado engadiu que convén saber "se o PSdeG vai defender os intereses de Galicia e vai deixar de ser un mero delegado de Goberno".

 

Noticias web

17/10/2020