CRTVG

Buscar

O PPdeG agarda rematar co 'desprezo' de Pedro Sánchez

Publicado o 30/10/2019 14:31

O PPdeG cre que Galicia arrisca moito nestas eleccións. Agardan que sirvan para mudar o escenario político e rematar co desprezo que, segundo din, mostrou o Goberno Sánchez por Galicia.

"Nós cremos que a Pedro Sánchez non lle pode saír de balde o desprezo co que tratou a nosa comunidade ao longo dos últimos dezaseis meses como presidente do Goberno de España. Non lle pode saír de balde o ataque permanente á industria galega e o ataque permanente ao emprego na nosa comunidade", dixo o secretario xeral do partido, Miguel Tellado.

 

Noticias web

30/10/2019