CRTVG

Buscar

O PPdeG acusa o Goberno central de paralizar en Galicia infraestruturas competencia do Estado

Publicado o 09/02/2020 17:50

O PPdeG acusa o Goberno central de ter paralizadas en Galicia todas as obras viarias competencia do Estado. A Comisión de Infraestruturas do partido reuniuse este domingo en Santiago.

Na xuntanza, a conselleira Ehtel Vázquez dixo que "os silencios, a parálise e as incertezas" do Goberno de Pedro Sánchez en relación ás comunicacións viarias competencias do Estado son alarmantes. A conselleira considera un desprezo a Galicia a falta de prazos da chegada do AVE e o "esquecemento" doutras obras como a autovía de Vigo-O Porriño ou a da Mariña, das que dixo que "non se sabe nada".

"Queremos denunciar claramente ese desprezo, ese agravio contra as infraestruturas de Galicia do Goberno de Pedro Sánchez, un agravio que estamos dispostos a combater dende o noso partido, dende as nosas posicións",  afirma Miguel Tellado, secretario xeral do PPdeG.

"Hai un silencio alarmante, incertezas e parálise en todas as infraestruturas competencia do Estado que nos preocupa. É un agravio do Goberno de España cunha comunidade leal, que é Galicia, e un Goberno de España que está moi cariñoso con comunidades desleais. O que estamos vendo é un non a Galicia en materia de infraestruturas", di Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2020