CRTVG

Buscar

O PP vigués retira as denuncias contra Abel Caballero

Publicado o 28/06/2019 12:19

O Partido Popular de Vigo decidiu retirar as denuncias interpostas contra o goberno de Abel Caballero no anterior mandato  A decisión responde, segundo os populares, á necesidade de abrir un novo tempo político que incremente a participación democrática e o diálogo cunha oposición firme e construtiva. O PP vigués desiste así de procedementos xudicias abertos como o do Marisquiño. Nun comunicado os populares explican que hai cauces máis adecuados e os tribunais son só para casos excepcionais  

Noticias web

28/06/2019