CRTVG

Buscar

O PP vencella o peor resultado da súa historia á fragmentación da dereita

Publicado o 29/04/2019 20:46

O PP obtivo 66 escanos. Son 71 menos que nas eleccións xerais anteriores. Perdeu catro millóns de votos, a metade dos apoios que conseguira nos comicios anteriores. Nunha primeira avaliación, a da noite electoral, Pablo Casado recoñeceu que os resultados son malos e atribuíunos á fragmentación da dereita. Dixo que dende xa se van poñer a traballar para as eleccións municipais. E pediulle a Sánchez que non se apoie nos independentistas. Nestas ideas insistiu hoxe o secreatrio xeral do PP. Teodoro Gracía Egea reafirma a Casado como líder indiscutible do PP. 

A bancada do PP queda con 66 deputados, menos da metade dos 137 que sentaban na lexislatura pasada. Sen representación no País Vasco e cun só escano por Cataluña, perdeu catro millóns de votos.

Pablo Casado, presidente do PP: "O resultado foi moi malo, ao Partido Popular gústalle gañar sempre. Ímonos poñer a traballar dende agora para recuperar ese apoio".

Fronte ás críticas pola súa estratexia, Casado mira cara adiante e culpa dos resultados á fragmentación do voto no centrodereita. Tamén reflexiona sobre o goberno futuro. 

Pablo Casado, presidente do PP: "Agardo que, visto o resultado, poida chegar a acordos sen precisar os independentistas. Para o PP, o primeiro é España e agardamos que o noso país estea á altura das circunstancias".

O PP adía a análise dos resultados a mañá, no Comité Executivo Nacional.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/04/2019