CRTVG

Buscar

O PP resta credibilidade a Sánchez e Podemos amosa malestar pola "superioridade" de Sánchez

Publicado o 22/07/2019 15:01

Desde Unidas Pomdeos admitiron o seu malestar tras escoitar o discurso de Pedro Sánchez porque entende que o presidente do Goberno en funcións segue tendo a mesma actitude de superiorirade que hai dous meses como se non tivese a necesidade de negociar coa formación morada. Fontes de Podemos admiten que seguen vendo ao candidato comportándose como "se tivese mairía absoluta" e non oculta o seu pesimismo neste momento da negociación.

No Partido Popular réstanlle credibilidade a Sánchez e úrxenlle a pactar coa esquerda como xa fixeron en comunidades e concellos. García Egea dixo que as "apelacións ao intento de colaboración co PP non son cribles".

Inés Arrimadas, pola súa aprte, recriminou a Sánchez que non aclarase que negocia on Podemos e que non se referise á crise de Cataluña "para non molestar aos seus socios". Vox valorou o discurso como o "máis patético da historia", no que non se presentou máis que "o típico espectáculo socialista: un festival de gasto e a intervención", dixo Espinosa de los Monteros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí