CRTVG

Buscar

O PP recorta distancia co PSOE, segundo o último barómtero do CIS

Publicado o 19/04/2021 11:44
O PP recorta distancia co PSOE, segundo o último barómtero do CIS

O CIS dálle ao PP unha suba de case tres puntos en estimación de voto ata o 20,6 por cento dos sufraxios, o que lle permite recortar en dous puntos a distancia que o separa do PSOE, que se mantén estable no 31,5 por cento, á conta de Cs, que cae con forza e queda no 6,7 por cento.

Segundo o último barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas, elaborado entre o 5 e o 14 de abril, Vox tamén subiría levemente do 15 ao 15,4 por cento, en tanto que Podemos pararía a súa senda descendente e pasaría nun mes do 9,6 ao 10,7 por cento en estimación de voto.