O PP recorrerá no Constitucional os decretos do Goberno
Ciudadanos e UPYD asinaron o seu acordo de colaboración para este ciclo electoral.
José Manuel Villegas Secretario xeral de Ciudadanos: "Sumar no canto de dividir. Acordamos reforzar ese polo central".
Podemos inclúe no seu programa unha xornada laboral de 34 horas e din que son os únicos que poden garantir un goberno de esquerdas co PSOE.
Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "Se eles poden elixir van elixir Ciudadanos, e iso dá unha mensaxe a todos os electores de esquerdas respecto a que teñen que votar se queren un Goberno de esquerdas. Nós apostamos por unha opción de coalición pero non imos aceptar nin media chantaxe".
O PSOE di que quere conservar a colaboración con Podemos dos últimos meses.
José Luis Ábalos Secretario de Organización do PSOE: "Permitiunos levar adiante políticas progresistas e paréceme que esa colaboración debería seguir dándose. Nunha fórmula de goberno? Non o teño tan claro. Aspiramos a un Goberno monocolor".
O PP anuncia que recorrerá no Constitucional algús dos decretos aprobados na Deputación Permanente.
Pablo Casado, presidente do PP: "Onte vimos a validación non duns decretos sociais, duns decretos abertzales. É a primeira vez en 40 anos que o mundo abertzale presume de ser un socio clave para o Goberno de España, e iso a min prodúceme sorpresa e estupor".
Ademais, di que o PSOE pon en risco a economía por gastar miles de millóns de euros en medidas electoralistas.