CRTVG

Buscar

O PP recorrerá ante o Constitucional os "venres sociais" do Goberno de Sánchez

Publicado o 13/03/2019 15:08

Acusan o PSOE de querer financiar a campaña co diñeiro de todos. Pedro Sánchez está hoxe en Burgos. Visitou o Instituto Tecnolóxico de Castela - A Mancha e animou a España do interior a liderar a revolución tecnolóxica para loitar contra o despoboamento: "Esta cuarta revolución industrial, a dixital, ten un enorme potencial para reverter efectos perversos da dinámica actual como o despoboamento. Creo que a España interior ten ante si unha oportunidade extraordinaria".

Ciudadanos anuncia que ficha a Sara Giménez, da Fundación Secretariado Gitano. Será número tres por Madrid. E prometen unha lei de non discriminación se chegan ao goberno: "Fai falta un Goberno que defenda a igualdade en termos absolutos. Non por barrios nin por intereses. E sobre todo que non exclúa os que batallamos pola igualdade, porque vimos imaxes estes días que, a verdade... Ver mulleres insultando outras mulleres no Día da Muller deixa moito que desexar".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019