CRTVG

Buscar

O PP recorre a lei Celaá ante o Constitucional

Publicado o 29/03/2021 14:52

O Partido Popular presentou un recurso de inconstitucionalidade contra a nova Lei de educación, a chamada Lei Celaá. Argumentan que a norma non garante o uso do español como lingua vehicular e que atenta contra a liberdade dos pais para elixir colexio. Pablo Casado considera ademais que a Lomloe ataca a educación especial e a concertada. Presentou o recurso co presidente de UPN, que tamén se une á reclamación, nun colexio concertado de Madrid. 

O líder do PP asegurou que derrogarán a norma cando cheguen ao Goberno, "porque é inxusta, vai contra a liberdade dos pais, porque vai contra a calidade do sistema educativo e porque vai contra a unidade nacional, na súa lingua e no sistema de formación dos novos". Para Casado, "os pais teñen que ter a liberdade de elixir o centro educativo, por suposto, tamén o público. Non que un burócrata, un político ou o teu código postal che diga a que colexio tes que ir".

 

Noticias web

29/03/2021