CRTVG

Buscar

O PP reclama melloras nas infraestruturas ferroviarias de Galicia

Publicado o 19/01/2020 15:17

O Partido Popular centrou as súas críticas nas defiencias das infraestruturas ferroviarias da comunidade. Considera que o Goberno central non está a investir nelas e de aí as incidencias que afectan con frecuencia os usuarios. No Congreso xa teñen presentado varias iniciativas e tamén o farán mediante mocións nos concellos. Representantes do partido de Galicia e León xuntáronse na estación de Monforte de Lemos para reivindicar investimentos. 

Jaime de Olano, deputado do PPdeG no Congreso: "Desde Monforte reclamámoslle ao señor Sánchez que non só mellore as infraestruturas e o mantemento das infraestruturas ferroviarias, senón tamén que cumpra co cronograma que tiña o Partido Popular para outro tipo de infraestruturas. Estou pensando na autovía de Ourense a Lugo, na de Ourense a Ponferrada; na da Mariña ou na autovía de Lugo".

Noticias web

19/01/2020