CRTVG

Buscar

O PP proponlle ao PSOE un goberno conxunto en Ourense con alcalde socialista

Publicado o 13/10/2020 14:39

O Partido Popular preséntalles aos socialistas unha proposta para desbloquear a cidade de Ourense. Están dispostos a asumir un alcalde do PSOE se hai goberno conxunto e aberto a máis forzas políticas.

O PP quere un goberno de maioría e estable para a cidade de Ourense. Estarían dispostos a participar nun goberno municipal encabezado por un alcalde socialista.

"Estamos dispostos a calquera alternativa que supoña estabilidade, buscar un alcalde, un grupo de goberno e 14 votos que den respaldo, que den estbilidade, a ese goberno polo tanto diálogo e diálogo con todas as forzas políticas", di Xesús Vázquez, coodinador do PP municipal.

Os socialistas, polo momento, recollen a proposta. "Nós cremos que é unha opción que hai que valorar. Trasladarémola ao PSOE, trasladarémola ao noso partido a Santiago e a partir de aí seguiremos cos contactos", asegura Rodríguez Villarino, voceiro do PSOE.

Os populares formalizaron a súa proposta nunha nova reunión, promovida por Ciudadanos, para negociar unha alternativa ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

PSOE e PP son imprescindibles para unha moción de censura. O Concello conta arestora con tres persoas gobernando a cidade.

Noticias web

13/10/2020