CRTVG

Buscar

O PP propón que Ana Pastor repita como presidenta do Congreso

Publicado o 15/05/2019 19:54

O Partido Popular vai propoñer que Ana Pastor repita como presidenta do Congreso dos Deputados. Consideran que está desenvolvendo o seu traballo co aplauso do resto dos grupos. Poñen en valor o respecto que xera e a súa experiencia para presidir a cámara baixa nunha lexislatura que se presenta complicada.

Aínda que é dificil que poida saír elixida, o PP confía en que finalmente Ana Pastor teña o apoio dos partidos constitucionalistas.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019