O PP propón o exalcalde de Portomarín Xoán Carlos Serrano como senador por designación autonómica
Publicado o 25/10/2021 21:00

Galicia vai contar a partir de mañá cun novo senador por designación autonómica. Trátase de Xoán Carlos Serrano, do Partido Popular, que deixou a alcaldía de Portomarín hai unha semana. Será designado mañá no Parlamento de Galicia.
Serrano substitúe no escano a Xesús Vázquez, que fora alcalde de Ourense antes de entrar no Senado.