CRTVG

Buscar

O PP mételle presión a Vox para que lles permita gobernar Andalucía con Ciudadanos

Publicado o 07/01/2019 14:59

PP e Ciudadanos teñen practicamente pechado o acordo de goberno en Andalucía. Agora, só lles faltan os doce votos de Vox para investir o popular Juanma Moreno como presidente da Junta. As negociacións van contra o reloxo, porque a presidenta do Parlamento andaluz inicia este xoves as consultas e cada grupo debe propor un candidato. Os socialistas crense lexitimados para presentar a Susana Díaz, xa que foi o partido máis votado, e o PP presiona a Vox.

O propio secretario xeral do PP vaise reunir mañá co seu homólogo de Vox. Asegura que acudirá ao encontro sen ningunha liña vermella, pero hoxe mesmo advertíalles de que calquera reforma da Lei de violencia de xénero ten que facerse no Congreso.

Pola súa parte, Ciudadanos asegura que non cambiará nin unha coma do seu pacto co PP para contentar a Vox.

Noticias web

07/01/2019