O PP presentará un sistema para acabar coa brecha dixital
Publicado o 06/09/2020 15:20
O Partido Popular vai presentar un sistema nacional de dixitalización e acceso aos sistemas para todos os rapaces do país en condicións de igualdade. Así o anunciou en Oviedo a vicesecretaria de Política Social do PP, Ana Pastor.
O obxectivo, dixo, é acabar coa brecha dixital que puxo de manifesto a pandemia. Pastor criticou duramente o que cualificou de "papelón" do ministro de Universidades e tamén da titular de Educación. Cre que faltou liderado e responsabilldade na xestión da volta ás aulas.