CRTVG

Buscar

O PP presenta unha moción de censura contra o alcalde socialista de Huesca

Publicado o 18/06/2019 08:14
O PP presenta unha moción de censura contra o alcalde socialista de Huesca

En Huesca, o PP vai rexistrar hoxe mesmo unha moción de censura contra o alcalde socialista que saíu elixido por sorpresa, grazas ao voto dun edil de centrodereita, que se mantén no anonimato.

Vox asegura que cumpriron o pacto para votar a candidata popular e o PP responsabiliza a Ciudadanos, que nega as acusacións. Este feito tensou as relacións entre os populares e os de Rivera, que aínda non confirmaron que farán respecto á moción. Para que saia adiante teñen que asinala 13 concelleiros: o PP ten 9, Ciudadanos 3 e Vox 1.




 

Noticias web

18/06/2019