CRTVG

Buscar

O PP presenta un documento alternativo ás propostas de Vox, que ve "inaceptables"

Publicado o 09/01/2019 14:57

O Partido Popular e Vox retomaron as negociacións para a investidura de Juanma Moreno como presidente da Junta de Andalucía. O PP presentou un documento alternativo ás propostas do partido de Abascal, que considera "inaceptables". Mentres, o acordo entre PP e Ciudadanos segue avanzando, e esta tarde os dous partidos reúnense no Parlamento andaluz para definir a estrutura do executivo de coalición.

Na reunión desta mañá, o PP entregoulle a Vox unha contraoferta ás 19 propostas que plantexaba o partido de extrema dereita, unha folla de ruta 'inaceptable' para os populares.

O líder de Vox aseguraba en Twitter que o documento é negociable e dende o PP din que xa se produciron avances, sempre sobre a súa proposta. Esta tarde os dous partidos volverán reunirse, xa en Sevilla, para seguir negociando o apoio á investidura de Juanma Moreno. E nesta xornada frenética tamén haberá reunión no parlamento andaluz entre PP e Ciudadanos para perfilar a estrutura do seu hipotético executivo.

O PSOE insta a Adiante Andalucía a que apoie a Susana Díaz para evitar un goberno de dereitas. A presidenta do parlamento andaluz abrirá mañá a rolda de consultas de cara á investidura.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2019