CRTVG

Buscar

O PP presenta a súa proposta de reforma do CXPX

Publicado o 19/10/2020 15:07

O PP quere que os propios xuíces elixan directamente os 12 vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial. Que non entren xuristas que antes foran políticos e unha Fiscalía máis independente, son algúns dos puntos que destacaron da súa proposición de lei.

Cren que iso reforzaría as institución ante a proposta do PSOE e Podemos de reducir a maioría de tres quintos do Congreso para renovar a cúpula xudicial.

Explican que sería para as seguintes renovacións, non para a actual. Para os cambios inmediatos están dispostos a negociar sempre que se exclúa a Podemos. Algo que non aceptan os socialistas.

Responsabilizan o PP do bloqueo e de que a cúpula do Poder Xudicial leve xa dous anos en funcións.

 

Noticias web

19/10/2020