CRTVG

Buscar

O PP pídelle ao Goberno que garanta un prezo accesible da luz para os máis vulnerables

Publicado o 12/01/2021 16:30

 Este mércores volverá subir a luz. Na poxa do martes, o prezo do megawat hora achegouse aos 90 euros, case un 7% máis que o día anterior e un 27% máis que hai unha semana. O executivo explícao pola vaga de frío e a nula achega das enerxías renovables. O Partido Popular, por boca do seu presidente Pablo Casado, pedíalle "un pouco de coherencia ao Goberno de España, que reclamaba na oposición que isto se evitara en plenas vagas de frío, cando enriba non eran tan graves como as que estamos sufrindo. Se non hai que deixar ninguén atrás, en plena vaga de frío, hai que garantir que o gas e a luz teñan un prezo para que ninguén teña que desconectar a estufa porque non pode pagala".

A voceira do Goberno,  María Jesús Montero, explicaba que se trata dunha "suba puntual que se irá compensado na medida en que entren en vigor as medidas que o Goberno de España está marcando e que permitirán que, ao longo do ano, o consumidor doméstico teña unha factura da luz inferior á que pagou o ano anterior".

Noticias web

12/01/2021