CRTVG

Buscar

O PP pídelle á xunta electoral que suspenda as conferencias de prensa do Goberno

Publicado o 06/03/2019 20:54

O PP pide suspenar as conferencias de prensa dos venres na Moncloa 

O PP pídelle á Xunta Electoral Central que suspenda as conferencias de prensa dos venres na Moncloa no tocante á difusión de medidas electoralistas como a aprobación de decretos leis. Os populares piden que se prohiba a difusión destas medidas por calquera canle e reclama que se advirta o Executivo de que se enfronta a unha multa de ata 3.000 euros. Ciudadanos estuda seguir o exemplo dos populares.

José Manuel Villegas, secretario xeral de Ciudadanos: "Estamos dispostos a presentar eses recursos ante a Xunta Electoral para evitar que as conferencias de prensa dun Goberno que xa convocou eleccións se convertan en mitins electorais, que é o que está facendo este Goberno".

Pablo Casado, presidente do PP: "Creo que é un auténtico ataque á neutralidade que un Goberno debe manter cando xa se convocaron eleccións, de maneira que o Partido Socialista non se presente como o que pretende facer, que é o partido da Moncloa".

Rafael Simancas, secretario xeral do Grupo Parlamentario Socialista no Congreso: "O señor Casado quere ir á Xunta Electoral? Este é un país libre e cada un pode facer o ridículo como considere. Pode ir á Xunta electoral, ao Tribunal de Estrasburgo ou ás Nacións Unidas, pero todo o mundo lle vai dicir o mesmo: é constitucional".

Din desde o PSOE que se a oposición critica a forma e non o contido dos decretos é porque están gobernando ben.

Noticias web

06/03/2019